Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 28 de febreiro de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Pleno manifesta unánime o seu compromiso de manter o modelo de caixas de aforro "con vocación social e vinculación territorial"

Os tres partidos respaldaron hoxe luns "expresar o compromiso inequívoco en manter o modelo de caixas de aforros con vocación social e vinculación territorial, e a defensa das competencias estatutarias de Galicia". A moción, iniciativa do PP, aprobou tamén outros dous puntos coa abstención socialista, instando ao Goberno de España a reconsiderar o decreto de reforzamento do sistema financeiro e a retirar as "esixencias de capital e reservas adicionais aprobadas polo FROB e o Banco de España no proceso de fusión das caixas de aforro galegas".

Populares, socialistas e nacionalistas votaron hoxe luns xuntos no Pleno para "expresar o compromiso inequívoco en manter o modelo de caixas de aforros con vocación social e vinculación territorial, e a defensa das competencias estatutarias de Galicia".

Unha vez máis, o Pleno da Corporación municipal levou na súa orde do día, desta volta a iniciativa da oposición, a situación pola que atravesan as caixas de aforro "ante os anuncios do goberno socialista de Rodríguez Zapatero de modificar novamente o sector financeiro español, que poría en perigo a Novacaixagalicia", segundo indica o texto.

Xunto ao acordo acadado por todos or grupos políticos, o Pleno tamén aprobou -coa abstención do PSdeG- outros dous puntos que instan ao Goberno de España a reconsiderar o "denominado Plan de Reforzamento do Sistema Financeiro no que atinxe ás caixas de aforro e manter o actual proceso de reestructuración das caixas de aforro galegas en base ao amplo consenso acadado e garantido a súa solvencia".

Por outra banda, a Corporación tamén reclama do Estado "a retirada das esixencias de capital e reservas adicionais aprobadas polo FROB e o Banco de España no proceso de fusión das Caixas de Aforro galegas".

Unha cuarta cuestión, enmenda presentada polo BNG, foi rexeitada polo Pleno tras recibir a oposición do PP e a abstención do PSdeG, e pedia á Xunta de Galicia que actúe para evitar a entrada de capital privado nas caixas.
Mais noticias
O goberno de Vigo pide á Xunta que exerza as súas competencias en emprego e xere 5.500 postos de traballo na cidade
O Concello reclama 100 millóns á Deputación "pola falta de investimento" en Vigo desde 2008
Aprobada a moción do BNG para que a Deputación colabore economicamente co Centro de Emerxencia de Mulleres
Vigo adhírese á Carta de Compromiso coa Calidade das Administracións Públicas
O pleno respalda a demanda nacionalista para reclamar a Fomento que declare vía urbana a AP-9 de Rande a Vigo
O goberno local ratifica iniciar trámites para adaptar o PXOM ás novas entradas viarias e ferroviarias da cidade
A Corporación insta ao Concello a expropiar os terreos da Cidade da Xustiza e a convocar a Comisión xudicial
Centos de persoas asistiron ao 47 Concurso-Mostra Internacional da Camelia
Caballero participou na entrega de premios da I Regata Casaldog de Catamaráns
Inauguración de Música en Branco no Verbum


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003