Escoitar

Carmen Silva afirma que o Plan Xeral "estará pechado" o día 11

A concelleira de Urbanismo, Carmen Silva, afirmou este venres en relación á documentación do Plan Xeral que "o día 11 todo estará pechado". O luns 10, a concelleira dará conta ante os membros do Consello Sectorial de Urbanismo do proceso de elaboración do estudo económico-financeiro do Plan.

venres, 7 dec 2007
1197037660comisiondelegadau071207.jpg
A partir do martes, as entidades que forman parte do Consello terán aproximadamente unha semana para estudar a documentación definitiva que lles será entregada. Na Comisión Delegada de Urbanismo, que se reuniu este venres, barallouse o luns 17 como data da reunión final do Consello Sectorial.

Segundo adiantou Carmen Silva, a Xerencia Municipal de Urbanismo podería reunirse os días 20 ou 21 para debater o Plan, que sería sometido á aprobación do Pleno na semana seguinte, posiblemente o día 26.

Carmen Silva indicou que actualmente aínda non está pechada a sinatura dalgúns convenios, pero que esta probablemente terá lugar na maioría dos casos entre este venres e a data límite do próximo luns. A concelleira afirmou que no caso de que algún convenio quede sen asinar "non pasaría nada" porque "o Plan quedará igual".
Descargar todas as imaxes