A quinta edición de "Vivir en parella é cousa de 2" clausúrase o luns
A quinta edición do programa "Vivir en parella é cousa de 2", da Concellería de Igualdade, será clausurada este luns día 10 de decembro cun acto que será presentado pola concelleira Iolanda Veloso. Durante a clausura desenvolverase o relatorio "As desigualdades de xénero no fogar", a cargo de Sandra Dema, profesora titular da Área de Socioloxía da Universidade de Oviedo.
![1197034331vivir1.jpg 1197034331vivir1.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1197034331vivir1.jpg)
No transcurso do acto, que terá lugar na Sala de Conferencias do Centro Cultural Caixanova a partir das 20.00 horas do luns, entregaranse os diplomas dos cursos que se veñen desenvolvendo desde o mes de outubro no marco deste programa.
"Vivir en parella é cousa de 2" é unha iniciativa destinada á conciliación da vida laboral e familiar, así como ao fomento da igualdade de xénero. Os cursos ofertados nesta edición foron seis, dos cales dous, os de cociña e pasado de ferro, estaban dirixidos exclusivamente a homes. Outros dous cursos, os de fontanería e electricidade básica, estaban destinados só a mulleres. Por último, desenvolvéronse dous cursos de carácter mixto, que trataron sobre aspectos importantes para a comunicación no ámbito da parella e para mellorar a atención ás persoas maiores.
Descargar todas as imaxes