Escoitar

As fontes públicas terán un sistema de pulsación para aforrar auga

Co fin de aforrar auga, o Concello instalará un sistema de pulsación nas fontes públicas do termo municipal. Deste xeito, as fontes xa non manarán continuamente, senón só cando esta actividade sexa requerida polos usuarios.

mércores, 5 dec 2007
1196862901alcampo051207.jpg
Reunión do alcalde cos directores dos centros de Alcampo de Vigo
Segundo informou este mércores o alcalde, Abel Caballero, o Concello decidiu adoptar esta medida debido á seca dos últimos meses e en previsión de que esta poida repetirse nos próximos anos. Caballero indicou que o sistema de pulsación xa foi instalado en 17 fontes de varios barrios e parroquias de Vigo, o que supón un aforro de 28.800 litros de auga diarios.

O alcalde sinalou que esta iniciativa vai na liña de aforro materializada xa no cambio das pautas de baldeo de rúas con auga doce, que permite, afirmou, manter limpa a cidade empregando para iso unha menor cantidade de auga.

Alcampo

Por outra parte, o alcalde mantivo no seu despacho un encontro cos directores dos dous centros de Alcampo en Vigo, Juan Carlos Louzán e Ramón Saburido, no que lles transmitiu o apoio do Concello para "calquera cuestión que necesiten" nas súas xestións para conseguir un maior peso ante as direccións española e francesa do grupo ao que pertencen.
Descargar todas as imaxes