Exposición de fotografía de Médicos do Mundo "X Premio Internacional Luis Valtueña" na lonxa do Concello
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este mércores a exposición de fotografía humanitaria de Médicos do Mundo "X Premio Internacional Luis Valtueña", que pode verse ata o próximo domingo na lonxa do Concello.
Nesta ocasión, o xurado premiou o traballo realizado por Yannis Kontos na súa serie "Vivir mutilado, Sierra Leona", cunha bolsa dotada de 8.000 euros destinada á realización dun proxecto fotográfico nunha das áreas de traballo de Médicos del Mundo. A organización entregou dous accésits, un a Fernando G. Arévalo pola serie "Náufragos" e outro a Paolo Pellegrin pola serie "Epidemia de cólera en Angola", así como un premio especial "Mulleres e nenas, protagonistas do cambio social", a Lana Slezic, pola serie "Mulleres afganas".
María Méndez explicou que nesta décima edición do premio, convocado en lembranza de Luis Valtueña, Flors Sirera, Manuel Madrazo e Mercedes Navarro, cooperantes de Médicos del Mundo asasinados en misións internacionais, presentáronse 957 fotografías de 338 autores de 47 países. Deste xeito, o certame quere dar continuidade ao labor de todas as persoas que contribúen a construír un mundo máis xusto baseándose no humanitarismo, o compromiso e a solidariedade.