Escoitar

A segunda Subida ao Castro celebrarase o próximo domingo

A segunda edición da Subida ao Castro, na que poden participar todos aqueles que queiran, celebrarase este domingo con saída ás 12.00 horas desde o Real Club Náutico e chegada 2,4 kilómetros costa arriba, no monte do Castro. O ano pasado, o corredor Marcial Rodríguez impúxose entre un total de 200 participantes cun tempo de 6:48 sobre un percorrido de 1,8 kilómetros.

mércores, 5 dec 2007
1196865449subidaaocastro051207.jpg
A segunda edición da Subida ao Castro-Centro Comercial Gran Vía presentouse este mércores nun acto ao que asistiron o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso; o director do Centro Comercial Gran Vía, Fernando Pinto; Xoan Xosé Lores, do Departamento de Publicidade Institucional e Patrocinio de Caixanova; o presidente da Federación de Vigo de Atletismo, Eleuterio Ángel García; o gañador absoluto da proba do ano pasado, Marcial Rodríguez, e Guillermo Janeiro, de Evencia, empresa organizadora da carreira.

Xaberi Alonso, ademais de animar os vigueses a que participen con el na Subida, prognosticou un gran futuro para esta proba, na que poden participar todas as persoas que queiran, federados e non federados, e onde cada un pode marcar o seu propio ritmo para lograr o obxectivo de chegar ao cumio de Vigo.

Fernando Pinto, director do Centro Comercial Gran Vía, indicou que ata o próximo venres ás 14.00 horas pódense facer as inscricións de maneira gratuíta no punto de información do Centro Comercial Gran Vía, ou ben o próximo domingo ata as 11.30, por cinco euros na oficina da carreira que se instalará no Real Club Náutico.

Guillermo Janeiro, de Evencia, explicou as condicións técnicas desta carreira, que partirá desde o nivel do mar, concretamente fronte Real Club Nautico, e finalizará no cumio do monte do Castro, tras discorrer polas rúas do Casco Vello. A saída darase ás 12.00 horas.
Descargar todas as imaxes