UXT, CC.OO. e CIG reiteran o seu apoio ao Plan Xeral
O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este martes no Concello cos secretarios comarcais da UXT, Olga Alonso, de CC.OO., Xosé Cameselle, e da CIG, Xerardo Abraldes, que lle reiteraron o seu apoio á aprobación inmediata do Plan Xeral coa reserva do 43% do solo para vivenda protexida.
Os representantes sindicais recibiron de Abel Caballero información sobre a situación actual dun PXOM que, segundo prevé o alcalde, pasará polo Pleno o próximo día 20 de decembro para decidir a súa remisión á Xunta de Galicia. Tanto a UXT como CC.OO. e a CIG apoian a aprobación do Plan canto antes baseándose na necesidade de máis vivenda protexida e máis solo industrial.
Pola súa parte, Caballero volveu mostrar a súa vontade de aplicar estas medidas no menor prazo de tempo posible para responder á "clamorosa demanda dos axentes económicos" de Vigo neste sentido. Ademais, o alcalde fixo un "chamamento ao consenso" e á "solidariedade" das entidades que conforman o Consello Sectorial de Urbanismo, que se reunirá o martes 11 para analizar o novo Plan Xeral.
Descargar todas as imaxes