O Pavillón das Travesas acolle este sábado o II "Cidade de Vigo" de Patinaxe Artística
O Pavillón das Travesas acollerá o próximo sábado 8 de decembro a segunda edición do Torneo "Cidade de Vigo" de Patinaxe Artística. A competición desenvolverase na modalidade de show e contará coa presenza de destacados deportistas galegos, madrileños e portugueses.
Pachi Comesaña, vicepresidente do club que organiza o evento, o Coruxo FC, definiu os patinadores que acudirán a esta cita como "xente de moitísimo nivel". Así, estarán no Pavillón das Travesas este sábado Rubén Martínez, campión de España alevín en 2007, e Paloma Cabirto, campioa en cadetes tamén este ano, ambos do Club Covelo; e o campión en cadetes Enrique Pardo, do Club Maxia da Coruña. Os deportistas galegos buscarán unha actuación brillante ao lado do portugués Paolo Santos, campión de Europa senior este ano.
A presenza portuguesa no "Cidade de Vigo" será abundante, xa que participarán catro clubes con arredor de 80 deportistas. Por parte galega serán oito os clubes participantes (Alquimia de Carral, Ánfora de Cangas, C.A.R.P.A. de Vigo, Covelo, Coruxo FC, Maxia da Coruña, Patín Porriño e Valadares de Vigo). A todos estes clubes hai que sumar a presenza do Majadahonda de Madrid.
A partir das 16.00 horas do sábado e ata as 19.00 terán lugar os adestramentos de grupos de show. Ás 19.30 presentaranse os deportistas e abrirase o torneo, ás 19.40, coa primeira parte da exhibición de libre individual. De 20.00 a 21.30 horas desenvolverase a competición de grupos de show e de 21.30 a 21.50, a segunda parte da exhibición de libre individual. O torneo clausurarase despois da entrega de trofeos, que terá lugar arredor das 22.00 horas.
Durante a presentación deste evento este luns, o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, animou a todos os que nunca presenciaron unha competición de patinaxe artística a que se acheguen ao Pavillón das Travesas este sábado, asegurando que "van quedar gratamente sorprendidos".
Descargar todas as imaxes