Escoitar

O acceso de vehículos pesados ao núcleo urbano limitarase notablemente a partir do 5 de decembro

O Concello vai limitar o acceso de vehículos de 10 toneladas ou máis á cidade a partir do próximo mércores 5 de decembro, cambiando a tal fin a sinalización de varias vías. O obxectivo desta medida, segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, é reducir "drasticamente" a circulación destes vehículos polas vías urbanas.

venres, 30 nov 2007
1196439073transportistas301107.jpg
Reunión do alcalde este venres con representantes das asociacións de transportistas
Deste xeito, sinalou Caballero, o Concello pretende mellorar o tráfico da cidade, así como as súas condicións medioambientais químicas e acústicas. Entre os beneficios da redución do tráfico pesado, segundo indicou o alcalde, estarán a eliminación de 10.000 traxectos de vehículos pesados e a emisión de 750 toneladas menos de CO2 no centro da cidade. "Isto debe significar unha mellora substancial no tráfico", afirmou o alcalde.

A partir do día 5, os vehículos de 10 toneladas ou máis deberán evitar o centro da cidade, utilizando para iso itinerarios que discorren na súa maior parte por vías de alta capacidade que rodean a cidade. Así, quedará libre de tráfico pesado a práctica totalidade do núcleo urbano. A expcepción é o tramo entre O Berbés e Bouzas por Beiramar.

As vías polas que circularán os vehículos pesados conectan co exterior un conxunto de polos de atracción conformado polas seguintes áreas: Zona Franca-Citroën- Caramuxo, Bouzas-Porto Pesqueiro-Guixar-Teis, Seminario-Alcampo-A Bagunda-Lavadores, Vincios, Parque Tecnolóxico e Loxístico e Rebullón-Puxeiros-Peinador.
Descargar todas as imaxes