Deportes promove a 29ª edición do Memorial Belarmino Alonso de cross,
A parroquia de San Andrés de Comesaña, e en concreto o paseo do Lagares, acolle este domingo, 2 de decembro, a 29ª edición do Memorial Belarmino Alonso de cross, segundo indicou este venres o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Na competición, organizada polo Comesaña Sporting Club e que conta co apoio da propia concellería, inscribíronse 564 deportistas.
O memorial Belarmino Alonso, que se desenvolverá entre as 10.30 e as 13.30 horas do domingo, loita un ano máis por ser incluída como unha das probas de referencia no circuíto español de cross. É a proba de cross máis antiga das que se celebran en Galicia.
Nesta edición outorgaranse premios en metálico aos cinco primeiros clasificados nas carreiras da categoría promesa/sénior de ámbos os dous sexos, así como trofeos aos primeiros en todas as categorías, aínda que serán gañadores do memerial a primeira clasificada na carreira promesa/sénior feminina e o primeiro clasificado en promesa/sénior masculina. Tamén haberá un trofeo para o club gañador de cada carreira.
Descargar todas as imaxes