As medidas sanitarias nos mercados municipais serán obxecto dunha ponencia este luns
O Círculo Mercantil acollerá o luns 3 de decembro unha ponencia sobre as medidas de sanidade nos mercados municipais, na que participarán representantes do Mercado de La Boqueria, de Barcelona. A iniciativa foi presentada este venres pola concelleira de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo, María Jesús Lago.
Lago afirmou que os mercados municipais "son un patrimonio cultural, un punto de encontro e un referente da nosa gastronomía máis local", polo que avogou pola colaboración entre o Concello e os propios mercados para seguir mellorando as súas condicións sanitarias.
A concelleira estivo acompañada este venres na presentación da ponencia, que ten por título "Presente e futuro dos mercados municipais", polos xerentes dos mercados das Travesas, Delmiro Hermida, e do Berbés, Inmaculada Marín, quen agradeceron de antemán os froitos desta iniciativa, dada a experiencia coa que conta na referida materia un mercado de tanta sona como o de La Boqueria.
Descargar todas as imaxes