A pista de xeo estará este ano no auditorio de Castrelos
Este sábado, ás 17.30 horas, inaugurarase no parque de Castrelos a pista de xeo, que será a primeira das iniciativas postas en marcha no marco da programación das actividades recreativas e de dinamización da cidade impulsadas pola Tenencia de Alcaldía con motivo do Nadal.
Este ano a pista de xeo instalarase no parque de Castrelos, concretamente nas instalacións do auditorio do parque, co obxectivo de aproveitar esa instalación fóra da época estival e para favorecer tamén o desenvolvemento de actividades lúdicas nun contorno natural.
Na inauguración farán unha exhibición Sonia Lafuente, campiona de España júnior e medallista internacional, e Javier Fernández, campión de España júnior. Farán candansúas coreografías individuais e como peche unha conxunta. O espectáculo durará aproximadamente 20 minutos e a el están invitados a participar os clubes de patinaxe da cidade.
As tarifas da pista serán de 6 euros por persoa para a actividade de patinaxe e establecerase un prezo reducido de 3 euros por neno ou nena para o programa de promoción escolar da patinaxe, que se desenvolverá a través dos centros de ensino. Esta actividade estará coordinada por un técnico da instalación, ademáis dos monitores que orientarán a actividade.
A pista de xeo, que terá unhas dimensións de 20 x 30 m, manterá a súa actividade desde o 1 de decembro ata o 29 de febreiro. O horario será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 22.00 horas no período lectivo escolar, de luns a venres, e de 12.00 a 22.00 horas os sábados e domingos. No período non lectivo escolar ampliarase e a pista permanecerá aberta de 10.00 a 22.00 horas de luns a domingo. En datas sinaladas Nadal haberá un horario especial, que será de 12.00 a 19.00 horas o 24 e 31 de decembro e de 16.00 a 22.00 horas o 25 de decembro e o 1 de xaneiro.
Todo o proxecto da pista de patinaxe desenvólvese por parte da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes e está xestionado pola empresa Special Events Productions S.L., unha das de maior experiencia neste tipo de actividades.