O Casco Vello abre o concurso para elixir o cartel da Festa da Reconquista 2008
A Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello abre este luns o prazo do concurso para elixir o cartel da Festa da Reconquista de Vigo do vindeiro ano. Segundo indicou o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, esta celebración potenciarase en 2008 xa que é a festa previa á do Bicentenario da cidade, no 2009.
Neste sentido, o tenente de alcalde subliñou que non só é unha festa moi importante para o Casco Vello, senón tamén "para toda a cidade". "Temos que agradecer á asociación de veciños do Casco Vello o traballo que teñen desenvolvido durante todos estes anos, porque unha vez máis é a sociedade civil a que posibilita que iniciativas deste tipo saian adiante", manifestou Santiago Domínguez, quen salientou que a organización deste evento contará con todo o apoio da Tenencia de Alcaldía e da Concellería de Cultura.
Pola súa banda, o presidente da asociación, Enrique Macías, sinalou que "por primeira vez" teñen atopado a colaboración e o apoio do Concello "para levar adiante a festa", o cal lles permite "comezar coa planificación dos actos que integrarán a celebración", así como incrementar "lixeiramente" os premios. Deste xeito, o premio para o cartel gañador estará dotado de 600 euros, e haberá dous accésits de 200 euros cada un.
Macías sinalou tamén a importancia de que por primeira vez, esta festa da Reconquista estea presente na Feira de Turismo de Madrid, FITUR, xa que considera que se trata dun acontecemento "que é necesario exportar". Neste sentido, e ademais da tradicional representación da Reconquista, a Asociación de Veciños do Casco Vello quere desenvolver novas iniciativas que sirvan de antesala á celebración do Bicentenario.
Para participar no concurso, os carteis poden presentarse no local da Asociación de Veciños do Casco Vello (rúa Oliva, 12), en horario de 18.00 a 20.30 horas ata o 28 de decembro. Deben incluír o texto "Reconquista da Vila de Vigo 208, do 29 ao 30 de marzo" e os logotipos da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello e da Tenencia de Alcaldía. O seu formato debe ser vertical, realizado en papel de 33x47 centímetros, protexidos e montados sobre un soporte ríxido e desmontable que permita a súa exposición.
Descargar todas as imaxes