Escoitar

O Concello traballará pola catalogación de festa de interese turístico nacional para as Festas do Cristo de Bouzas

O alcalde, Abel Caballero, anunciou este mércores que o Concello traballará para conseguir a catalogación de festa de interese turístico nacional para as Festas do Cristo de Bouzas. A tal fin, o Concello desenvolverá iniciativas para que a celebración adquira repercusión mediática a nivel estatal e unha maior presenza institucional.

mércores, 5 dec 2007
1196861102bouzasfestas051207.jpg
Tras a reunión que mantivo este mércores con representantes da Confraría de Bouzas para comezar a organizar conxuntamente as festas, Abel Caballero explicou que para que calquera celebración logre que o Goberno central lle outorgue a cualificación de festa de interese turístico nacional é necesario que apareza en diarios de tirada nacional, algo que desde o Concello "imos intentar", segundo sinalou o alcalde.

Outro requisito é o de contar coa máxima representación institucional. Neste sentido, Caballero adiantou que convidará o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, ás próximas Festas do Cristo de Bouzas, que terán lugar nesta parroquia de Vigo no mes de xullo.
1196861102bouzasfestas051207.jpg
1196861121bouzas051207.jpg
Descargar todas as imaxes