Peche de tráfico na rúa San Roque
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de recrecido de arquetas, a realizar pola empresa VIAS e OBRAS, estará pechada ao tráfico a rúa San Roque, treito entre Gregorio Espino e Talude, con acceso exclusivo para garaxes, dende o xoves 13 de decembro de 2007 ás 08.00 horas e por un período aproximado dun día. Solicítase a máxima colaboración cidadá.