Escoitar

"Festa Coyote" este sábado na Disco Light

Os mozos e mozas de Vigo poderán gozar este sábado 8 de decembro dunha festa ao máis puro estilo vaqueiro na Disco Light, na Sala A! (Avda. Beiramar, 113). Neste espazo, de 17.30 a 21.00 horas, terá lugar a "Festa Coyote", na que a ambientación da discoteca e do persoal terá como referencia o salvaxe Oeste.

venres, 7 dec 2007
A Disco Light conta co apoio da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, coa intención de pór á disposición dos mozos e mozas espazos lúdicos e de diversión seguros e saudables, libres de alcohol e fume.

Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), Tfno. 986 294 806, www.xuventudevigo.org.