Iolanda Veloso subliña a pertinencia de seguir promovendo a formación en igualdade na mocidade

xoves, 13 nov 2008

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso subliñou estes xoves a necesidade de seguir promovendo a formación en igualdade, sobre todo coa xente nova. No acto de clausura do curso formativo de promotoras de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a edil do BNG agradeceu o interese e a resposta das persoas participantes na iniciativa "que demostra que non estabamos tan erradas na organización desta iniciativa".

O Infobus esta o venres na praza da América

xoves, 9 out 2008

Este venres día 10 sairá a rúa novamente o Servizo de Información Xuvenil Móbil da Concellaría de Xuventude de Vigo. No infobús, podese tramitar o novo carne xove (de 12 a 30 anos) ou solicitar información referente a estudios, emprego, actividades de ocio ou calqueira outro tema de interese.

Expedición feminina a Cordilleira dos Andes no Espazo Proxecta do Puntoxove

mércores, 8 out 2008

O xoves día 9 no Puntoxove pase da "Expedición feminina a Cordilleira dos Andes" que dentro do Espazo Proxecta poderá verse todos os xoves de outubro as 18:30 hs. Imaxes da aventura que Olivia Vidal, Teresa García e Concepción Barciela viviron en 2007 co obxectivo de alcanzar os cumios dos volcáns San José e Ojos del Salado ( o volcán máis alto do mundo).

O Infobús de Xuventude sae mañá de novo á rúa

xoves, 25 set 2008

Este venres sairá a rúa novamente o Servizo de Información Xuvenil Móbil da Concellaría de Xuventude de Vigo. No Infobús poderase tramitar o novo carne xove (de 12 a 30 anos) ou solicitar información referente a estudos, emprego, actividades de ocio ou calquera outro tema de interese para a mocidade.