O Infobus estará o venres na praza de América
xoves, 2 out 2008
Espazo Proxecta no Punto Xove realizará todos os xoves do mes de outubro ás 18:30 horas u nha proxeción de Olivia Vidal, Teresa García e Concepción Barciela sobre " Expedición feminina pola cordilleira dos Andes"

venres, 26 set 2008
As ludotecas que dependen da Concellaría de Xuventude presentan a súa programación, de cara ao vindeiro mes de outubro, co outono como eixo central. Os nenos e nenas que acudan durante os vindeiros meses as ludotecas desenvolverán diferentes obradoiros e moitas actividades relacionadas directamente coa celebración do Samaín.
xoves, 25 set 2008
Este venres sairá a rúa novamente o Servizo de Información Xuvenil Móbil da Concellaría de Xuventude de Vigo. No Infobús poderase tramitar o novo carne xove (de 12 a 30 anos) ou solicitar información referente a estudos, emprego, actividades de ocio ou calquera outro tema de interese para a mocidade.
luns, 22 set 2008
No Puntoxove da concellaría de Xuventude podese ver a exposición de Montañeiros Celtas "Fotografía de Montaña" que estará no primeiro andar do Puntoxove (López de Neira, 21) ata o 7 de outubro.
A oferta inclúe cursos de formación musical, informática e artes escénicas
xoves, 18 set 2008
O programa de lecer xuvenil alternativo "Súbete ó Castro", da Concellaría de Xuventude, ven de abrir o período de inscrición para os cursos gratuítos que oferta, e que arrancarán o vindeiro mes de outubro.

venres, 5 set 2008
Vigo converterase esta fin de semana no punto de encontro de numerosos patinadores de Galiza, España e Portugal para celebrar unha nova edición do Campionato In_Line Cavil 2008.
venres, 1 ago 2008
O Peirao de Trasatlánticos do Porto de Vigo será o escenario no que o artista Miguel Bosé ofrecerá o seu espectáculo "Papitour" o vindeiro martes. 5 de agosto, nun concerto que contará con medios técnicos da última xeración. Na presentación da actuación, o concelleiro de Cultura Xesus López, salientou que será, con toda seguridade, o "concerto estrela" da Semana Grande de Vigo e agradeceu aos representantes das institucións implicadas na celebración do concerto o seu apoio, a Autoridade Portuaria, o Club Náutico, Caixanova, e a propia promotora Articket, presentes no acto

venres, 1 ago 2008
Marta Larralde será a encargada de ler o pregón e presentará un espectáculo de danza vertical especialmente creado para esta ocasión

mércores, 30 xul 2008
Coa inauguración hoxe dun centro de orientación afectiva e sexual á mocidade, Vigo xa forma parte da Rede Galega de Cetros Quérete, segundo anunciaron hoxe o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Lois Pérez Castrillo. A apertura deste centro, ubicado na rúa Ferrería do Casco Vello vigués, resulta "sumamente importante para a cidade", segundo a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso
venres, 18 xul 2008
Os madrileños Pereza presentarán o vindeiro martes 22 de xullo o seu novo traballo "Aproximaciones" nun show de máis de dúas horas de duración co que xa encheron Las Ventas de Madrid o pasado mes de xuño.