venres, 28 ago 2020
O Concello de Vigo sacará a licitación de forma inmediata a humanización da rúa Taboada Leal, entre Rúa Don Bosco e Venezuela, despois de que a Xunta de Goberno Local aprobase o proxecto. A obra sairá a concurso cun prezo de 565.000 euros e o prazo de execución é de sete meses.
xoves, 27 ago 2020
Anunciouno este xoves o alcalde, unha “subida cero” euros nas taxas e impostos municipais do ano próximo que engade exencións de pagos na ocupación de vía pública e nas licenzas de obras, primeira ocupación e actividade, e rebaixas do 20% no ICIO das obras en locais comerciais e vivendas.
luns, 10 ago 2020
Logo de pasar pola Xerencia de Urbanismo, a Xunta de Goberno Local validou este luns os convenios urbanísticos por cesión gratuíta dos terreos afectados pola execución do proxecto de humanización da estrada de Porto-Beade. Abel Caballero puxo en valor que Concello e Deputación adican 3,5 millóns á reforma.
venres, 7 ago 2020
Segundo avanzou Abel Caballero, o Concello validará o luns os traballos para construír a nova saída á autoestrada en túnel desde a rúa Lepanto, as conexións da AP9 co centro Vialia e a terminal de autobuses, e o derrubo do paso elevado de Alfonso XIII. Tamén adxudicará a humanización dos espazos intersticiais. En total, obras por máis de 13 millóns de orzamento.
xoves, 6 ago 2020
A Xunta de Goberno aprobou este xoves o proxecto de humanización da Avenida de Europa que inclúe carril bici con medianeira e zonas verdes, na marxe dereita do tramo comprendido entre Tomás Paredes e a Avenida de Samil. Segundo o alcalde, a nova avenida será “un bulevar urbano”.
xoves, 6 ago 2020
A Xunta de Goberno Local adxudicou, por un período de dous anos, a xestión do programa SADI-Canguros que ofrece o coidado temporal das nenas e nenos que queden sós co fin de favorecer a formación e acceso ao emprego, especialmente das mulleres.
xoves, 6 ago 2020
Abel Caballero avanza que “temos a ambición de ser a cidade de España con máis arte ao aire libre e imos nese camiño”, logo de detallar que o programa leva xa 84 murais pintados na cidade con 49 centros educativos sumados ao proxecto. Amais eloxia a “calidade artística maxistral” das obras realizadas.
venres, 31 xul 2020
A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais 2020, que inclúe aqueles servizos que os Concellos están obrigados a prestar de acordo coa Lei de servizos sociais de Galicia do ano 2008.
xoves, 30 xul 2020
A Xunta de Goberno aprobou este xoves a subvención nominativa á Fundación MARCO co fin de arranxar a cuberta e realizar melloras no edificio por un valor de 120.000 euros que se suman aos 600.000 euros anuais que recibe a entidade por parte do goberno municipal.
xoves, 30 xul 2020
Abel Caballero informou este xoves do expediente de contratación aprobado na Xunta de Goberno Local, un servizo a prestar por catro anos e un importe de 2.392.000 euros. O Concello adica máis dun millón e medio de euros aos centros municipais de cero a tres anos, cunha subvención media do 82% do custo de cada praza.