Vigo é un referente en España en materia de integridade na contratación pública
O Concello de Vigo é un modelo de integridade e transparencia na contratación pública segundo un Código de Boas Prácticas elaborado por un grupo de expertos independentes como foro dentro da FEMP para intercambiar experiencias e casos de éxito que sirvan de exemplo ás entidades locais de toda España. O Plan de Integridade na contratación pública do Concello de Vigo xa recibiu o ano pasado o X Premio CNIS.
A Rede de Transparencia e Participación Cidadá da FEMP elaborou un Código de Boas Prácticas na Contratación Pública que destaca ao Concello de Vigo en materia de integridade e transparencia, incluíndoo no texto como o modelo a seguir para todas as entidades locais de España. Tal e como explicou Abel Caballero, un grupo de expertos independentes vén de determinar que o Plan de Integridade na Contratación Pública do Concello de Vigo constitúe un proxecto innovador para adecuar a xestión municipal á Lei de Contratos. Logo de trasladar o “orgullo de toda a cidade” con este recoñecemento, lembrou que este Plan xa foi galardoado no ano 2020 co X Premio CNIS (Congreso Nacional de Innovación e Servizos Públicos) ao mellor proxecto de adecuación á LCSP (Lei de Contratos do Sector Público). O obxectivo deste Código de Boas Prácticas é compartir experiencias e casos de éxito para que sirva de exemplo a outras entidades locais.