Escoitar

Sete propostas aspiran a diseñar o ascensor que conectará García Barbón con Vía Norte

O alcalde deu conta esta mañá da recepción de sete propostas para participar no concurso de ideas do proxecto coñecido como o ascensor de García Barbón, unha iniciativa valorada en 7,2 millóns que vén solucionar “ancestrais problemas orográficos da cidade”. Os membros do xurado reunirase o luns por primeira vez para estudar a documentación e proceder á admisión ou exclusión das ofertas. A continuación, celebrarse un acto público online para a apertura da documentación.

venres, 29 xan 2021
Abel Caballero, este venres en rolda de prensa
Abel Caballero, este venres en rolda de prensa

O Auditorio Municipal acollerá ás 11,00 h do próximo luns 1 de febreiro a primeira reunión do xurado do concurso de ideas para a “Conexión peonil mediante elemento de transporte vertical entre García Barbón e Vía Norte”. Estes profesionais serán os encargados de elixir a proposta gañadora entre as sete aspirantes -unha vez verificado que cumpren o prego de licitación – que recibirá unha achega de 70.000 euros, ademais de redactar o proxecto de execución e asumir a dirección facultativa das obras por un prezo de 415.000 euros. O segundo e terceiro clasificados recibirán 40.000 e 30.000 euros, respectivamente.

Tal e como explicou o rexedor, a finalidade do concurso é propoñer unha solución de acceso que permita mellorar a mobilidade transversal entre un gran polo da cidade, como é o eixo de García Barbón e Rosalía de Castro, co Centro Vialia e a zona de Urzáiz e Vía Norte. A proposta debe cumprir cos obxectivos da Axenda Urbana Española, de forma que favoreza a mobilidade sostible marcado no Obxectivo Estratéxico 5, que favoreza tamén a cidade para o peón e os modos de transporte, e que posibilite a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) definidos na Axenda 2030.

O presuposto aproximado para a execución das obras é de 7,2 millóns de euros e o prazo de execución é de dous anos a partir deste momento. Caballero insistiu en que os criterios de selección do concurso son a avaliación arquitectónica, a avaliación técnica, económica e funcional, e a sustentabilidade medioambiental, eficiencia enerxética e mantemento.

Na composición do xurado, ademais de diferentes técnicos municipais, forman parte tamén técnicos da Deputación de Pontevedra, Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e Axencia Galega de Infraestruturas, así como os colexios profesionais de Arquitectos e Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.

Descargar todas as imaxes