Escoitar

Os asesores anticovid do Concello visitaron 677 establecementos na última semana

Os asesores de hostalería do Concello de Vigo percorreron practicamente toda a cidade analizando todos os aspectos de cumprimento da normativa covid tanto en terraza como no interior. Na última semana visitaron 677 establecementos.

xoves, 28 xan 2021

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves de que os 15 asesores municipais dos que dispón o Concello de Vigo, cun investimento de 75.000 euros, visitaron na última semana un total de 677 establecementos para apoiar aos hostaleiros.

Segundo explicou o rexedor, os asesores apoian á hostalería na súa loita contra a pandemia e fan recomendacións para a utilización de terrazas, separacións de seguridade e máscaras. “Foron moi ben recibidos, están mellorando os protocolos, a Xunta debería copiar o modelo Vigo e que poña asesores en toda Galicia”, sinalo.

Ademais, o alcalde insistiu na necesidade de que a Xunta dedique 25 millóns de euros en axudas a hostalería de Vigo.