martes, 6 abr 2021
O Concello aceptou a doazón de terreos do Colexio Mariano, que permitirá ampliar a rúa Talude en case que dous metros, segundo informou este martes Abel Caballero. A cidade reserva 750.000 euros para a humanización da vía e construción de escaleiras mecánicas.
martes, 30 mar 2021
A Xunta de Goberno Local aprobará o expediente de contratación, por procedemento aberto, das obras de rehabilitación da edificación situada na rúa Alta número 23., e tamén o proxecto de renovación da iluminación do Parque de Castrelos, por 623.000 euros, e a humanización de Severino Covas, cun orzamento de 440.000 euros.
xoves, 25 mar 2021
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proxecto de mellora e reordenación de espazos na Praza da Miñoca que ten un prazo estimado de execución de 6 meses e que se desenvolverá co fin de “naturalizar o espazo”.
xoves, 25 mar 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o primeiro trámite para aprobar a ordenanza municipal que regulará as condicións de circulación de vehículos de mobilidade persoal nas vías urbanas da cidade.
mércores, 24 mar 2021
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao expediente de contratación dos servizos de xestión da nova escola infantil municipal de Bembrive por un período de catro anos.
martes, 16 mar 2021
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das subvencións destinadas a proporcionar un medio alternativo de transporte adaptado a persoas afectadas por graves discapacidades na súa mobilidade.
venres, 12 mar 2021
Abel Caballero informou este venres da decisión, que adica fondos para a segunda fase das ramplas mecánicas da Gran Vía, o novo elevador entre García Barbón e Vía Norte, o paseo de Bouzas, a demolición do Camaleón e para un novo local para a Federación de Peñas do Celta, entre outros. O Concello xa sumara a finais de ano outros 35,8 millóns dos remanentes municipais.
martes, 9 mar 2021
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a transferencia de financiamento do goberno municipal á Fundación Marco que supón o 72% do seu orzamento para 2021. Tamén deu luz verde á achega de 125.000 euros para da Fundación Vigo en Deporte e 70.000 euros para programas de Benestar.
venres, 5 mar 2021
A Xunta de Goberno Local deste venres, segundo informou Caballero, deu luz verde a estes trámites para dúas novas humanizacións máis na cidade. A remodelación de Troncoso presenta un orzamento de 362.000 euros e a de Hispanidade, no treito entre Pintor Colmeiro e Zamora, ascende a 772.000 euros.
martes, 2 mar 2021
Abel Caballero informou este martes do proxecto de reforma deste camiño en Valadares, validado pola Xunta de Goberno Local. O Concello actuará en setenta e cinco metros da vía, retirando o pavimento actual e instalando unha nova base e un novo firme. O orzamento da obra se eleva aos 95.000 euros.