martes, 16 mar 2021
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das subvencións destinadas a proporcionar un medio alternativo de transporte adaptado a persoas afectadas por graves discapacidades na súa mobilidade.
venres, 12 mar 2021
Abel Caballero informou este venres da decisión, que adica fondos para a segunda fase das ramplas mecánicas da Gran Vía, o novo elevador entre García Barbón e Vía Norte, o paseo de Bouzas, a demolición do Camaleón e para un novo local para a Federación de Peñas do Celta, entre outros. O Concello xa sumara a finais de ano outros 35,8 millóns dos remanentes municipais.
martes, 9 mar 2021
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a transferencia de financiamento do goberno municipal á Fundación Marco que supón o 72% do seu orzamento para 2021. Tamén deu luz verde á achega de 125.000 euros para da Fundación Vigo en Deporte e 70.000 euros para programas de Benestar.
venres, 5 mar 2021
A Xunta de Goberno Local deste venres, segundo informou Caballero, deu luz verde a estes trámites para dúas novas humanizacións máis na cidade. A remodelación de Troncoso presenta un orzamento de 362.000 euros e a de Hispanidade, no treito entre Pintor Colmeiro e Zamora, ascende a 772.000 euros.
martes, 2 mar 2021
Abel Caballero informou este martes do proxecto de reforma deste camiño en Valadares, validado pola Xunta de Goberno Local. O Concello actuará en setenta e cinco metros da vía, retirando o pavimento actual e instalando unha nova base e un novo firme. O orzamento da obra se eleva aos 95.000 euros.
xoves, 25 feb 2021
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á adxudicación da remodelación da vía no treito pendente de arranxar, o comprendido entre as rúas Areal e Rosalía de Castro, cun orzamento próximo aos 300.000 euros. Abel Caballero comunicou ademais a aprobación do convenio coa Rede de Mulleres contra os Malos Tratos, asociación que recibe 100.000 euros do Concello.
luns, 22 feb 2021
Son os terreos de xogo do Vao, da Guía, Santa Mariña e Fragoselo, onde o goberno de Vigo investirá 1,7 millóns, segundo cifrou Abel Caballero este luns. A renovación do céspede e da iluminación do campo do Vao acaba de saír a licitación pública, por importe de 642.000 euros.
luns, 22 feb 2021
A administración local conta con 9 traballadoras sociais máis, o que eleva a 40 o número de profesionais que atenden unha demanda que crece a causa da crise sanitaria. Deste xeito, o Concello aumenta case nun 30% o cadro de persoal.
venres, 19 feb 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres o proxecto de convenio coa entidade, que continuará coidando aos animais abandonados e xestionando o refuxio municipal da Madroa. O Concello, que eleva a contía anual ata os 105.000 euros, lanzará unha app cos datos dos cans e gatos para promover a acollida.
venres, 19 feb 2021
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo deu este venres o visto e prace ao contrato de limpeza de biomasa vexetal en fincas con risco de incendios, na faixa secundaria. O investimento elévase ata os 525.000 euros para dúas anualidades.