Escoitar

O goberno de Vigo adxudica a remodelación da rúa das Fontáns, en Lavadores

Abel Caballero adiantou que a Xunta de Goberno Local convocada para este venres prevé adxudicar a mellora da vía, na que o Concello construirá unha beirarrúa ao longo duns 200 metros, instalará rede de alumeado público e canalización soterrada de pluviais. “Estamos atendendo ao rural como non se fixo nunca xamais na historia da cidade”, afirmou o alcalde.

xoves, 19 ago 2021
O alcalde puxo en valor as "humanizacións" no rural, como a iniciada o pasado día 6 deste mes na rúa José Rivas, en Coruxo
O alcalde puxo en valor as "humanizacións" no rural, como a iniciada o pasado día 6 deste mes na rúa José Rivas, en Coruxo

A rúa das Fontáns, en Lavadores, experimentará en próximos meses unha mellora que significará unha nova beirarrúa de metro e medio de ancho ao longo duns 200 metros de lonxitude, a instalación de rede de alumeado público e canalización soterrada de pluviais, con colector, sumidoiros e pozos de rexistro.

“Seguimos facendo humanizacións no rural”, subliñou o alcalde este xoves, “estamos atendendo ao rural como non se fixo nunca xamais na historia da cidade. E seguiremos”. Caballero indicou que nas parroquias viguesas hai “centos e centos de rúas nos que moitas veces non vive case que ninguén, pero teñen dereitos e os estamos atendendo”.

Descargar todas as imaxes