xoves, 19 ago 2021
“Non se entende culpar á hostalería, non creo que sexa unha boa decisión”. Despois dunha entrevista con representantes do sector, Abel Caballero censurou as restricións á hostalería polo Covid, xa que esta actividade “non é a responsable” e os contaxios prodúcense en reunións privadas e botellóns. Pola contra, o rexedor valorou o cumprimento da normativa por parte dos locais.
xoves, 19 ago 2021
Segundo explicou Caballero, o solo para equipamentos do sistema xeral (concibidos para ser usados por toda a cidadanía) se incrementa en 500.000 m2 co novo PXOM, mentres que os do sistema local (pensado para as necesidades de cada parroquia) aumentan en 400.000 m2 máis. “É unha revolución para Vigo”, valorou o alcalde.
xoves, 19 ago 2021
Abel Caballero adiantou que a Xunta de Goberno Local convocada para este venres prevé adxudicar a mellora da vía, na que o Concello construirá unha beirarrúa ao longo duns 200 metros, instalará rede de alumeado público e canalización soterrada de pluviais. “Estamos atendendo ao rural como non se fixo nunca xamais na historia da cidade”, afirmou o alcalde.