Escoitar

A PassVigo ofrecerá novos servizos á cidadanía

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación do contrato para a plataforma da xestión da tarxeta de identificación viguesa. O alcalde anunciou que “nuns meses” poderá utilizarse para o pago do estacionamento en superficie, nos parkings públicos, o pago das taxas municipais, entre outros.

xoves, 22 xul 2021
Abel Caballero no 2018 no anuncio dos máis de 118.000 usuarios da PassVigo
Abel Caballero no 2018 no anuncio dos máis de 118.000 usuarios da PassVigo

A Xunta de Goberno Local aprobou por 247.395,60 a contratación da nova plataforma de xestión para la PassVigo. Abel Caballero anunciou que “nuns meses” terá novas funcións.

Entre elas, o rexedor destacou que “poderase utilizar para pagar o aparcamento en superficie, o cargador de vehículos eléctricos no futuro, pagar no taxi, nas instalacións municipais e o pago das taxas, acceso ao VigoZoo e ademais que será dixital desde o teléfono móbil”.

Caballero fixo fincapé na “sinal de identidade” que supón a PassVigo e a necesidade de converterse nun método de pago. “queremos que sea xeral o pago para a utilización de servizos públicos coa tarxeta”.

Descargar todas as imaxes