A goberno de Vigo aproba o convenio coa Deputación para o desenvolvemento de O Marisquiño
O Concello aporta ao festival de deporte e música urbana 324.000 euros. A Deputación asina 180.000 euros para O Marisquiño. Tamén aprobáronse 3 humanizacións e o convenio coa Orquesta Clásica de Vigo
A Xunta de Goberno Local aprobou o convenio polo que o se achega ao festival O Marisquiño 504.000 euros para o evento deste ano. A Deputación de Pontevedra aporta 180.000 euros e o concello 324.000 euros.
Abel Caballero subliñou o apoio de ambas institucións para que poda celebrarse o festival este ano a pesar das restricións por mor da pandemia: “Garantimos O Marisquiño para sempre. É unha parte integrada na cidade de Vigo”.
Por outra banda tamén se aprobou o convenio coa Orquestra Clásica de Vigo por valor de 21.000 euros para o desenvolvemento de concertos ao longo do 2021. Ademais, tamén saíron adiante humanizacións para a construción de beirarrúas na rúa Penís de Abaixo, a rúa dos Foxos-Teis e a rúa Areeiro por valor de 288.532,92 euros.