Escoitar

O Concello encarga o proxecto de remodelación do estadio de atletismo en Balaídos

Abel Caballero anunciou en rolda de prensa a nova obra que comprende a cobertura das pistas para o adestramento e unha grada.

venres, 23 xul 2021

O Concello fará unha remodelación das pistas de atletismo de Balaídos. O alcalde anunciou en rolda de prensa que xa encargou o proxecto para a cobertura das pistas de adestramento e facer unha nova grada. “É unha nova forma de entendelo”, dicía o rexedor, que apuntaba a nova obra como forma de avanzar na cidade.

Caballero apuntou a actividade supramunicipal da pista de Balaídos: “O Campionato de Galicia de Atletismo desenvolveuse o fin de semana aquí e por tanto é de ámbito de Galicia”. Deste xeito, requiriu á Xunta de Galicia “os 4 millóns de euros que prometeron e a día de hoxe hai 0 euros. En 13 anos de goberno de Feijóo, cero”. O alcalde fixo fincapé no que será “unha gran remodelación das pistas de Balaídos xunto ao Estadio”

Descargar todas as imaxes