Entrega do premio de concurso de debuxo de Vigozoo

martes, 6 feb 2007

O pasado sábado 3 de febreiro tivo lugar no auditorio do Parque das Ciencias Vigozoo a entrega de premios do concurso de debuxo asociado á pasada campaña de Nadal denominada "Nadal Solidario – Un neno, un alimento", no que participaron 91 rapaces e rapazas de 3 a 13 anos de idade.

O Planetario do Zoo achéganos ao Universo

martes, 19 dec 2006

O Parque das Ciencias "Vigo Zoo" expón unha actividade divulgativa para coñecer o mundo das estrelas que se poderá visitar ata o próximo día 7 de xaneiro e que está organizada pola Sociedade Astronómica Galileo Galilei de Vigo.

Novos inquilinos no reptilario de Vigozoo

martes, 5 dec 2006

A fauna do reptilario viuse incrementada nestes últimos meses, xa que ademais do nacemento das cascabeis de Urucoa (Crotalus vegrandis) o pasado mes de setembro, naceron en Vigozoo dous exemplares de Boa arborícora amazónica (Corallus enydris cooki) e tres exemplares de Geco xigante malgache (Phelsuma madagascarienis). Na primeira quincena de novembro tamén naceron catro Tartarugas de Florida (Trachemys scripta).

Comezan os cursos de formación de voluntariado

luns, 11 set 2006

A Oficina Municipal de Voluntariado organiza dous cursos de formación de iniciación ao voluntariado co obxectivo de que todo o persoal voluntariado do servizo teña realizado este curso básico para poder realizar a súa acción.

Un campamento para aprender a amar a natureza

martes, 5 set 2006

Dezanove nenos e nenas participarán o mércores e o xoves desta semana no Campamento XXXV Aniversario de Vigozoo, co que se pretende inculcar neles o amor pola natureza. Durante as dúas xornadas os pequenos levarán a cabo nas instalacións do zoolóxico obradoiros, manualidades, xogos, traballos de invernadoiro e visión de estrelas, entre outras actividades.

Vigo é unha cidade de oportunidades

venres, 25 ago 2006

A rúa Uruguai é o novo emprazamento do monumento do libertador de Uruguai, o Xeneral Artigas. Ó acto de inauguración asistiron a Alcaldesa de Vigo, Corina Porro, membros da corporación municipal, así como representantes da sociedade uruguaia en Vigo, e o cónsul do país latinoamericano na cidade, Jorge Burgos.