venres, 27 xuñ 2014
Abel Caballero informou este venres da aprobación inicial do Plan Parcial de Gorgoso, entre Sárdoma e Castrelos, un ámbito con máis de 100.000 metros cadrados de superficie cunha rede de carrís bici e un paseo fluvial. O 51% das 370 vivendas contempladas serán a prezo taxado, salientou o alcalde.
venres, 6 xuñ 2014
A Xerencia de Urbanismo tomou coñecemento da resolución sobre a regularización da propiedade dos espazos situados no contorno das Torres Ifer. Deste xeito, o Concello regulariza unha situación que ven do ano 1994 e, por fin, estes terreos xa están inscritos no Rexistro como propiedade municipal.
venres, 23 mai 2014
Urbanismo deu luz verde este venres á aprobación inicial do Plan Especial da Colonia Histórica do Couto, que engloba ás vivendas da aba do monte do Castro, trámite co que o goberno de Vigo quere preservar este entorno paisaxístico, ambiental e urbano, e conseguir a rehabilitación dos elementos máis característicos da arquitectura e das formas de edificación tradicionais.
xoves, 15 mai 2014
A tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, participou hoxe xoves nun foro de urbanismo e infraestructuras organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia. Durante a súa intervención, sistitizou o proxecto de cidade que defende o goberno local: viable, sostible e con seguridade xurídica.