Urbanismo
Silva informou da apertura da poxa pública para adquirir as 28 vivendas de República Arxentina
xoves, 6 nov 2014A tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo informou este xoves da apertura do procedemento de poxa das 28 vivendas de República Arxentina coas que o Concello de Vigo prevé conseguir os recursos para financiar os terreos da Cidade da Xustiza. Silva avanzou que xa hai interesados visitando semanalmente os pisos.
O Concello poxa catro parcelas municipais para construción de vivendas unifamiliares en Navia
luns, 3 nov 2014A Xerencia de Urbanismo acordou iniciar o proceso para a subasta de lotes unitarios de catro parcelas municipais en A Tomada (Navia). Tamén se deu conta da presentación de 332 comunicacións previas da oficiña de licenzas, correspondentes ao mes de agosto.
O Concello da luz verde á protección e acondicionamento do ámbito do Monte da Mina
venres, 24 out 2014Caballero informou este venres da aprobación provisional deste Plan Especial, que define máis de 116.000 metros cadrados con zonas verdes, vivenda, equipamentos públicos e a protección de elementos catalogados. Entre outras, esta "importantísima" ordenación contempla novos sendeiros peonís e cicloturistas, humanizar Mestres Goldar e declarar Ben de Interese Cultural (BIC) o conxunto parroquial de Santa María de Castrelos.
Caballero avoga pola creación "sostenible" e de "utilidade social" no Dia Internacional da Arquitectura
luns, 6 out 2014O alcalde, a tenente de alcalde e o concelleiro de Fomento acompañaron este luns aos responsables do Colexio de Arquitectos ao parque de Castrelos polo Día Internacional do sector, baixo o lema "Cidades Saudables, Cidades Felices". Caballero defendeu que os arquitectos aposten pola calidade de vida de todos os colectivos e por crear espazos de ocio e recreo de forma "sostible" e pensando na "utilidade social".
O Concello abre un prazo dun ano para adxudicar 28 vivendas municipais en República Arxentina
venres, 3 out 2014Abel Caballero informou este venres da aprobación do procedemento patrimonial para a venda destes pisos, declarados desertos na poxa pública anterior. Durante un ano, cada mes analizaranse as ofertas recibidas e actualizarase a información das vivendas que queden dispoñibles. O prezo, o mesmo do proceso anterior, oscila entre os 120.000 e os 205.000 euros para inmobles de entre 76 e 113 metros cadrados.
Urbanismo tramita a execución de obras no aeroporto por valor de case 1,6 millóns de euros
venres, 26 set 2014O alcalde informou hoxe venres do informe emitido pola Xerencia municipal de Urbanismo relativo a dous proxectos de obras de AENA en Peinador, actuacións no campo de voo e a adecuación da franxa noroeste do aeroporto. Os técnicos sinalan que os traballos non significan incremento de volume, edificabilidade ou altura.