Urbanismo
O goberno de Vigo abre a poxa pública dunha parcela no entorno de Rosalía de Castro
venres, 5 dec 2014A Xerencia municipal de Urbanismo aprobou os pregos de condicións e abriu o proceso de adxudicación por poxa pública dunha parcela de 329 metros cadrados na rúa Miragaia, no entorno de Rosalía de Castro. O prezo de saída é de 1,1 millóns de euros e podería aloxar unha edificación de 29 vivendas.
O novo Lidl de A Florida supuxo un investimento de 2,6 millóns e da traballo a 14 persoas
martes, 2 dec 2014A grupo de supermercados Lidl conta na avendia de A Florida cun novo establecemento no que traballan 14 personas nunha superficie de 1.200 m2. Así o constataron esta mañá de martes o alcalde e a responsable de Urbanismo, Carmela Silva durante una visita ao establemento que supón o número trinta desta cadea en Galicia.
A Xerencia impulsa a poxa pública de 4 parcelas en A Tomada e 1 en Rosalía de Castro
venres, 28 nov 2014O alcalde deu conta esta mañá do avance dos procedementos administrativos que permitirán sacar a poxa pública 4 parcelas en A Tomada (Navia) e 1 en Rosalía de Castro. Na Xerencia de Urbanismo tamén se deu conta das 357 comunicacións previas rexistradas en setembro, un 7,5 máis que no mes de agosto.
O goberno local inicia a redefinición dun vial para a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico
venres, 21 nov 2014A Xerencia de Urbanismo, segundo informou este venres o alcalde, deu conta do inicio da tramitación dunha modificación puntual do PXOM para a redefinición do vial municial Estrada da Venda, un cambio "de gran importancia" ao facer posible a ampliación do PTL.
O cruce de Peniche convertirase na Praza da Aperta, deseñada por Antón Pulido
venres, 7 nov 2014No mes de xaneiro arrancarán as obras para convertir o chamado cruce de Peniche nunha praza, a da Aperta, deseñada polo artista Antón Pulido. Cun importe de 175.000 e un prazo de execución de 4 meses, a actuación incluirá un pavimento de formigón no chan coloreado e un mural rodeando o perímetro do espazo.