Urbanismo
O goberno local aproba provisionalmente a adxudicación da concesión do antigo restaurante Jonathan na praia de Samil que será compatible coa recuperación das dunas<br />
mércores, 3 set 2014Carmela Silva, tenente de alcalde, avanzou esta mañá que a Xunta de Goberno local aprobou onte de forma provisional o proxecto para a adxudicación da concesión do antigo restaurante Jonathan que será "un grandisimo proxecto, respetuoso co medio ambiente, totalmente accesible e perfectamente compatible con calquera proxecto de rexeneración integral da praia de samil e as suas dunas".
O goberno local inicia en Príncipe un plan adecentar medianeras por toda a cidade
xoves, 21 ago 2014O alcalde avanzou hoxe xoves que nunha semana unha lona cun cadro de Lugrís tapará unha medianera (parede descuberta) dun edificio situado entre Príncipe e a Porta do Sol. Esta é a primeira acción, dixo, dun plan, que, ao lado das humanizacións, prevé a recuperación da cidade para acabar co feismo froito de moitos anos aplicar un urbanismo "lamentable"
O goberno local finalizará este ano a rehabilitación do entorno das prazas de Argüelles e Princesa
xoves, 14 ago 2014Abel Caballero anunciou este xoves a aprobación do expediente de contratación da mellora e rehabilitación das prazas da Princesa e Argüelles e a conexión entre ambas, incluindo a supresión dos locais comerciais baixo as escaleiras. Os traballos comezarán a finais de setembro ou comezos de outubro para rematar antes de concluir o ano.
Caballero estima que en un ano comezará a primeira fase da "milla verde" de Coia a Samil
venres, 18 xul 2014O goberno local aprobou este venres o plan especial e "comezamos xa de forma inmediata o proceso de expropiación" das 108 parcelas afectadas, nalgúns casos acordando cos propietarios, para poder iniciar a primeira fase o próximo verán. A senda verde terá case dous quilómetros e 30 metros de ancho, zonas verdes, carril bici, parques infantís e biosaudables.
O Concello concede licenza a oito vivendas e completa a regularización do "Barrio das Cores"
venres, 11 xul 2014Así o indicou este venres Abel Caballero, tras a celebración da Xerencia de Urbanismo na que se deu conta da concesión de permisos de primeira ocupación ás últimas oito vivendas pendentes do Residencial Aires, o coñecido como o "Barrio das Cores", en Castrelos, construido hai quince anos.