xoves, 27 mar 2014
Abel Caballero informou da aprobación, na Xerencia de Urbanismo deste xoves, do expediente e do prego de condicións económico-administrativas para a poxa das 40 vivendas municipais de República Arxentina coas que se financiará a expropiación dos terreos da Cidade da Xustiza. Os prezos oscilan entre os 120.000 e os 204.000 euros.
venres, 21 mar 2014
O alcalde visitou este venres os traballos de demolición do antigo restaurante As Dornas, en Samil, obra iniciada hai unha semana e que concluirá nun prazo estimado en 3 meses. Caballero anunciou que o mobiliario en bo estado será entregado aos comedores sociais que o precisen.
venres, 14 mar 2014
A Xerencia de Urbanismo aprobou as bases da convocatoria para adxudicar dúas vivendas municipais en Teixugueiras (Navia) en réxime de aluguer. Estes dous pisos salen de novo a concurso unha vez que quedaron desertos no Programa de Realoxo de Desafiuzados polo que se cederon outras cinco vivendas.
venres, 7 mar 2014
Na Xerencia de Urbanismo desta mañá deuse conta do inicio do procedemento para enaxenar as 40 vivendas municipais de Rosalía de Castro un proceso que, segundo explicou hoxe o rexedor, estará rematado en tres meses e os pisos sairán á venda a partir dese momento. As superfices oscilan entre os 76 e os 113 m2 e os prezos van desde os 120.490 e os 204.595 euros. O importe desta venta usarase para mercar os terreos que se cederán á Xunta para construir a Cidade da Xustiza.
mércores, 5 mar 2014
A tenente de alcalde, Carmela Silva, destacou hoxe que Vigo "é unha cidade legal, na que se acabaron as irregularidades urbanísticas "herdadas" de épocas pasadas que poñían en risco o patrominio público e a seguridade das persoas que investían os seus cartos en vivendas declaradas ilegais polos tribunais. Enfatizou que nos últimos sete anos regulouse a situación de case mil vivendas "pola vía de impoñer aos infractores o cumprimento da norma".
martes, 4 mar 2014
O Concello de Vigo ven de asinar un convenio para promover un concurso de ideas entre a Escola de Arquitectura de Galicia e a cidade china de Harbín para buscar solucións ao edificio da Artística. Así o explicou hoxe o segundo tenente de alcalde, Carlos López Font, durante a inaguración da exposición que exhibirá as mellores propostas de rehabilitación da Panificadora, froito do certame internacional de arquitectura SC2013 Spain-China, que tamén contou co aval municipal.