Urbanismo
Urbanismo autoriza as obras para habilitar 47 estancias turísticas nos apartahoteis de Samil
venres, 18 out 2013O alcalde deu conta desta resolución municipal, que permite á propiedade adaptar o edificio da Avenida de Samil 55 e adicalo a apartamentos turísticos, seguindo un mandato xudicial. O mesmo ditame do Concello concede licenza de actividade e instalación ás 47 novas estancias.
O alcalde avanza a construcción dunha praza e unha rotonda no cruce de Peniche
venres, 18 out 2013O alcalde deu conta da intención de iniciar nun prazo dun mes o derrubamento de dúas edificacións no cruce de Pi i Margall con Tomás Alonso. Deste xeito, aténdese unha "demanda histórica" que permitirá crear unha praza de espazo público.
O Concello cede á Universidade os terreos de CITEXVI e da facultade de Químicas
luns, 14 out 2013Despois de 22 anos, un convenio asinado hoxe entre Abel Caballero e o reitor, Salustiano Mato, permitirá á Universidade de Vigo ser propietaria dos 265.000 metros nos que está instalado Citexvi ou a facultade de Químicas. <br />
O Concello promove en Castrelos unha ordenación con vivendas, zonas verdes e un carril bici
venres, 11 out 2013A Xerencia de Urbanismo deu luz verde esta mañá ao Plan Parcial de Macal, situado entre as parroquias de Castrelos, Matamá e Beade. Cunha superfice de 204.484 metros2, contempla viviendas -cun 45% protexida-, zonas verdes, aparcamentos, equipamentos e un carril bici.
Cinco familias desfiuzadas vivirán en pisos de titularidade municipal en Navia
venres, 11 out 2013A Xerencia de Urbanismo adxudicou hoxe venres 5 das 7 vivendas que o Concello ofertou no barrio de Navia para familias desafiuzadas. Tal e como indicou o rexedor, de xeito inmediato volverán a concurso os dous pisos que quedaron baleiros.
O Concello adxudica cinco vivendas en Navia con aluguer de balde para familias desafiuzadas
venres, 27 set 2013O alcalde informou da aprobación da listaxe definitiva de admitidos ao concurso público municipal para optar as vivendas do Concello en Navia para familias desafiuzadas. Os cinco candidatos que cumpriron as bases terán dous anos de aluguer de balde, con posibilidade de amplialo por outros seis meses.