Urbanismo
O Concello recepciona a urbanización Aires despois de executar as fases pendentes de realización
venres, 8 nov 2013A quebra da promotora deixou fases desta nova urbanización sen realizar e o Concello de Vigo executou subsidiariamente as obras, xa rematadas e recepcionadas. Así o comunicou hoxe venres o alcalde tras pasar pola Xerencia de Urbanismo. Caballero agradeceu a "fantástica" colaboración dos propietarios.
O goberno local entrega cinco vivendas municipais en Navia para familias desafiuzadas
venres, 25 out 2013Este venres, Abel Caballero fixo entrega das chaves das vivendas de Navia aos beneficiarios do programa municipal de realoxo transitorio por execucións hipotecarias, cinco pisos en aluguer gratuito durante dous anos para familias viguesas que foron ou están en proceso de desafiuzamento.
Urbanismo ordena executar a demolición doutra nave ilegal no camiño de A Lagoa
venres, 25 out 2013O Concello de Vigo, a través da Xerencia de Urbanismo, ven de aprobar ordenar a Construccións e Astaleiros Lagoa S.A. a demolición dunha nave ilegal situada no camiño de A Lagoa. Trátase dun expediente que ven do 2011 e que obriga á empresa a iniciar o derribo nun prazo de tres meses.
Urbanismo autoriza as obras para habilitar 47 estancias turísticas nos apartahoteis de Samil
venres, 18 out 2013O alcalde deu conta desta resolución municipal, que permite á propiedade adaptar o edificio da Avenida de Samil 55 e adicalo a apartamentos turísticos, seguindo un mandato xudicial. O mesmo ditame do Concello concede licenza de actividade e instalación ás 47 novas estancias.
O alcalde avanza a construcción dunha praza e unha rotonda no cruce de Peniche
venres, 18 out 2013O alcalde deu conta da intención de iniciar nun prazo dun mes o derrubamento de dúas edificacións no cruce de Pi i Margall con Tomás Alonso. Deste xeito, aténdese unha "demanda histórica" que permitirá crear unha praza de espazo público.