Escoitar

Urbanismo autoriza as obras para habilitar 47 estancias turísticas nos apartahoteis de Samil

O alcalde deu conta desta resolución municipal, que permite á propiedade adaptar o edificio da Avenida de Samil 55 e adicalo a apartamentos turísticos, seguindo un mandato xudicial. O mesmo ditame do Concello concede licenza de actividade e instalación ás 47 novas estancias.

venres, 18 out 2013
Abel Caballero informou este venres da resolución da Xerencia municipal de Urbanismo de autorizar á xestora Apartamentos Samil 55 SL a realización de obras de adaptación do edificio para adicalo a apartamentos turísticos.

Segundo o proxecto presentado, o edificio quedará cun soto para 33 prazas de garaxe, semisoto para locais comerciais e 11 prazas de estacionamento, baixo para locais comerciais, os tres primeiros andares para as 47 estancias turísticas e baixocuberta para as instalacións.

O alcalde explicou que, na mesma resolución municipal que autoriza a realización das obras segundo o proxecto técnico, a Xerencia municipal de Urbanismo concedeu a licenza de actividade e instalación aos apartamentos turísticos.

Rehabilitación
Por outra banda, Urbanismo deu permiso ao Consorcio do Casco Vello -participado pola Xunta de Galicia e o Concello de Vigo- para proceder á rehabilitación de edificios na Ferrería 3, 5 e 7, con 4 viviendas, superficie total de 526m² e orzamento que ascende a 442.000 euros.

Tamén na sesión desta mañá, o goberno local aprobou definitivamente unha axuda de 8.500 euros para a rehabilitación dunha vivenda na praza Davila, no casco histórico de Bouzas, no que investirase máis de 12.000 euros.