Escoitar

O Concello impulsa o "Vigo Integra" para a formación e orientación laboral de 100 persoas

Así o anunciou este venres Abel Caballero, quen indicou que este proxecto de emprego está dotado con 160.000 euros de orzamento e un ano de duración desde este mes de outubro. "Vigo Integra" va dirixido a discapacitados, persoas en risco de exclusión social e desempregados, entre outros colectivos.

venres, 18 out 2013
1382097303alcalde6.jpg
O "Vigo Integra", orzamentado en 160.000 euros, está subvencionado nun 80% pola Xunta de Galicia e un 20% polo Concello de Vigo, achega aceptada formalmente da Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá.

Abel Caballero explicou que o obxectivo deste programa é a formación e orientación laboral de 100 persoas, singularmente de colectivos de discapacitados, persoas en risco de exclusión social, desempregados de longa duración, menores de 30 anos, mulleres e inmigrantes.

O proxecto prevé a inserción no mercado de traballo do 35% dos participantes ao remate do mesmo, que durará 12 meses comezando este mes de outubro. O alcalde indicou que as accións do "Vigo Integra" se realizarán no centro de emprego que o Concello ten habilitado no edificio municipal de Areal.

En segundo lugar, e tamén relacionado co emprego, o goberno local elevou a proposta de concesión de axudas á contratación para este ano. Neste concepto, o Concello outorga 25.000 euros para apoiar o novo emprego de 34 persoas en sectores como servizos sociais, transporte, hostelería ou comercio, entre outros.
Descargar todas as imaxes