Escoitar

O alcalde avanza a construcción dunha praza e unha rotonda no cruce de Peniche

O alcalde deu conta da intención de iniciar nun prazo dun mes o derrubamento de dúas edificacións no cruce de Pi i Margall con Tomás Alonso. Deste xeito, aténdese unha "demanda histórica" que permitirá crear unha praza de espazo público.

venres, 18 out 2013
1382097575urbanismo.JPG
Abel Caballero avanzou hoxe a "ocupación directa" de dúas parcelas con edificacións na esquina de Pi i Margall con Tomás Alonso (cruce de Peniche), uns edificios que, ademais de estar moi deteriorados, producen un estreitamento importante na zona. Para atender esta demanda "histórica", o Concello asumiu a titularidade dos terreos para o que se asinará no prazo dun mes e "a partir de aí, demoleremos". Tal e como explicou, configurarase un novo ámbito, cunha rotonda, entre estas "catro importantes rúas".

Asimesmo, a Xunta de Goberno Local deu luz verde a un modificado de proxecto de humanización da rúa Menéndez Pelayo, "una rúa magnífica con traballos de mellora moi avanzados" para eliminar un "calexón" situado no medio da vía. Concretamente, aprobouse unha ampliación de vial entre o número 13 e 15, cun convenio de cesión gratuita de propietarios para poder acometer esta ampliación de 539 metros. Trátase, matizou, dunha obra complicada porque hai uns muros de contención, con edificios aos lados, que obrigarán a retrasar o remate da obra ata finais deste ano. A humanización desta rúa inclúe renovación de colectores ademais de 57 árbores, 21 bancos e 16 papeleiras.
Descargar todas as imaxes