xoves, 4 xul 2013
O alcalde de Vigo cualificou hoxe xoves como unha "decisión histórica para a cidade" a sentenza do Tribunal Supremo que avala a seguridade xurídica do actual PXOM frente a un recurso que abogaba por derogar o documento ata o momento no que o goberno local aumentou a vivenda protexida dun 20 a un 47%. Caballero dixo que o dictame é "absolutamente favorable" ao Concello é á cidade e "demoledor contra os que non votaron o Plan e defendían os intereses dos especuladores". <br />
venres, 28 xuñ 2013
Abel Caballero visitou hoxe venres por primeira vez o Pazo da Raposeira para coñecer o estado no que incorporou ao patrimonio municipal. Acompañado pola concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, o rexedor destacou as "enormes posiblidades" desta construcción, un dos sete pazos catalogados no PXOM de Vigo.
martes, 18 xuñ 2013
O próximo 11 de xullo remata o prazo para solicitar as sete vivendas de titularidade municipal de Navia que o Concello facilita a persoas afectadas por execucións hipotecarias na cidade. O obxectivo do goberno local é realoxar temporalmente a familias viguesas desafiuzadas, durante dous anos, sen ter que pagar aluguer.
venres, 14 xuñ 2013
O alcalde informou que a Xerencia de Urbanismo tomou coñecemento do informe técnico municipal sobre o proxecto do Porto de Vigo de construir dúas novas rampas para carga rodada en Bouzas. Os funcionarios do Concello recomendan realizar unha Declaración de Impacto Ambiental previa.
mércores, 12 xuñ 2013
O próximo 11 de xullo rematará o prazo para solicitar as sete vivendas de titularidade municipal de Navia que o Concello facilita a persoas afectadas por execucións hipotecarias na cidade. Abel Caballero reiterou que o obxectivo do goberno local é realoxar temporalmente a familias viguesas durante dous anos, sen ter que pagar aluguer.
venres, 7 xuñ 2013
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde a un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo. Este acordo permitirá a estudantes de Inxeñeiría de Telecomunicacións facer prácticas no departamento municipal de Urbanismo
venres, 31 mai 2013
A Xerencia municipal de Urbanismo celebrada hoxe venres tomou coñecemento da licencia concedida á empresa filial de Toyota para ampliar as súas instalacións no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares, onde emprega a unhas 220 persoas. Urbanismo tamén concedeu 19.600 euros de axudas á rehabilitación de 19 vivendas nos Casco Vello.