Escoitar

Urbanismo recomenda unha avaliación ambiental previa do proxecto portuario de construcción de rampas para carga rodada

O alcalde informou que a Xerencia de Urbanismo tomou coñecemento do informe técnico municipal sobre o proxecto do Porto de Vigo de construir dúas novas rampas para carga rodada en Bouzas. Os funcionarios do Concello recomendan realizar unha Declaración de Impacto Ambiental previa.

venres, 14 xuñ 2013
1371225175urbanismo.jpg
Abel Caballero ve estas rampas "beneficiosas para o Porto" mais se recomenda, polas características do proxecto, que este sexa sometido a unha declaración de impacto ambiental: "queremos todas as garantias", asegurou o alcalde, en cuestions medioambientais.

O informe técnico municipal detalla que o Concello non ten competencias sobre a superficie de auga pero si en protección ambiental. Os posibles efectos do proxecto no entorno natural e paisaxístico vigués requiren dun estudo de impacto previo.

Emisario submariño
O Consello da Xerencia de Urbanismo celebrado esta mañá tomou coñecemento do informe técnico sobre o anteproxecto do emisario submariño da nova depuradora, "un dos elementos de garantía medioambiental máis importantes", segundo sinalou o rexedor.

Caballero recordou que o convenio para a construcción da nova estación depuradora foi asinado polo propio alcalde con Elena Espinosa e Pérez Touriño, entón ministra de Medioambiente e presidente da Xunta de Galicia, respectivamente. O alcalde informou que esta obra afectará ao aparcamento anexo ás instalacións deportivas de Samil, máis non ao funcionamento normal das mesmas.

Por outra banda, Urbanismo tamén iniciou a tramitación para facer entrega a ADIF de dez vivendas do Concello en República Arxentina, en virtude dun convenio expropiatorio que data de 1994.
Descargar todas as imaxes