Escoitar

O goberno local adxudica 1,3 millóns a 57 entidades para apoiar a contratación de 300 persoas

O alcalde anunciou este venres a adxudicación por concurso público de 1.325.000 euros do Plan de Emprego do Concello deste ano, que permitirá que 57 entidades beneficiarias poidan contratar entre 250 e 300 persoas. O total de postos de traballo creados co Plan de Emprego municipal podería rondar os 600.

venres, 14 xuñ 2013
1371225048alcalde6.jpg
Abel Caballero informou hoxe venres da resolución do concurso público para adxudicar 1.325.000 euros a entidades da cidade para axudar á creación de emprego.

O procedemento de concesión das subvencións, tal e como informou o primeiro edil, estaba dividido en cinco bloques, dependendo do tipo de entidades: veciñais e culturais, sociais e asistenciais, empresarias, sindicais e comunidades de montes. En total, 57 colectivos vanse beneficiar das achegas municipais para a contratación de entre 250 e 300 persoas.

A concurrencia competitiva é unha parte do Plan de Emprego do Concello de Vigo para este ano. Caballero explicou que, sumando os postos de traballo a crear no programa Vigo Emprega e cos convenios de colaboración, a cifra de contratación podería acadar as 600 persoas.
Descargar todas as imaxes