venres, 31 mai 2013
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe venres un dos edificiós que ven de estrenar ascensor, asi como outro que está a piques de ser rematado, na Avenida Castelao. Acompañado pola tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, o rexedor interesouse pola boa marcha dun proxecto que afecta a 74 edificios deste barrio e que facilitará a mobilidade a uns 1.500 veciños.
venres, 24 mai 2013
A Xerencia de Urbanismo celebrada este venres deu luz verde á concesión de 100.000 euros para rehabilitar seis vivendas no Casco Vello e outras sete en Bouzas, nun total de 10 edificios. Por outra banda, a sesión tomou coñecemento do informe técnico municipal sobre o Plan Director de Acuicultura Litoral de Galicia.
venres, 10 mai 2013
O Concello de Vigo ofrecerá 7 vivendas de Navia para desafiuzados hipotecarios, tal e como aprobou a Xerencia de Urbanismo hoxe venres. Unha vez publicados de xeito reglamentarios este acordo, habilitarase un periodo dun mes para presentar a solicitude no Rexistro da Xerencia.
venres, 3 mai 2013
Tras a celebración da Xerencia de Urbanismo, o alcalde deu conta de tres novas sentencias xudiciais relativas ao Plan Xeral con resultado favorable para os intereses municipais. Por outra banda, Caballero tamén informou da cesión gratuita á Universidade de máis de 250.000 m2 de solo para a ampliación do campus.
martes, 30 abr 2013
Caballero avanzou hoxe martes que o Concello disporá sete vivendas de titularidade municipal en Navia para persoas afectadas por execucións hipotecarias na cidade, sen pagar aluguer. Se trata de "outra decisión máis na nosa posición de loita contra os desafiuzamentos e de apoio aos afectados".