luns, 14 out 2013
Despois de 22 anos, un convenio asinado hoxe entre Abel Caballero e o reitor, Salustiano Mato, permitirá á Universidade de Vigo ser propietaria dos 265.000 metros nos que está instalado Citexvi ou a facultade de Químicas. <br />
venres, 11 out 2013
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde esta mañá ao Plan Parcial de Macal, situado entre as parroquias de Castrelos, Matamá e Beade. Cunha superfice de 204.484 metros2, contempla viviendas -cun 45% protexida-, zonas verdes, aparcamentos, equipamentos e un carril bici.
venres, 11 out 2013
A Xerencia de Urbanismo adxudicou hoxe venres 5 das 7 vivendas que o Concello ofertou no barrio de Navia para familias desafiuzadas. Tal e como indicou o rexedor, de xeito inmediato volverán a concurso os dous pisos que quedaron baleiros.
venres, 27 set 2013
O alcalde informou da aprobación da listaxe definitiva de admitidos ao concurso público municipal para optar as vivendas do Concello en Navia para familias desafiuzadas. Os cinco candidatos que cumpriron as bases terán dous anos de aluguer de balde, con posibilidade de amplialo por outros seis meses.
venres, 27 set 2013
O alcalde anunciou a licitación para antes de fin de ano das obras da escaleira mecánica que unirá Porta do Sol con Abeleira Menéndez. Durante unha visita as catas arqueolóxicas que se están a realizar na zona, indicou que nunha semana os técnicos entragarán o informe e, senón aparecen restos, levantarse a cautela arqueolóxica no entorno. <br />
venres, 20 set 2013
Abel Caballero deu conta este venres da aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior de Poulo, 133.000 metros cadrados detrás do Centro Comercial Travesía que finaliza así a súa tramitación administrativa. A urbanización do ámbito contempla máis de 25.000 metros cadrados de zonas verdes e 10.000 para equipamento.