Urbanismo
O alcalde di que o Concello non ten marxe de maniobra para paralizar o derrubamento de Punta Lagoa
xoves, 21 feb 2013O alcalde de Vigo reiterou hoxe xoves a obriga do Concello de executar o derribo das naves de Punta Lagoa. Caballero trasladoulle aos traballadores da empresa afectada, Yatesport, a súa solidariedade, matizando que o Goberno municipal non "discute as sentenzas, as cumpre".
Unha nova setenza favorable ao PXOM eleva a 50 os autos que avalan o urbanismo en Vigo
luns, 11 feb 2013O Plan Xeral ven de recibir unha nova setenza favorable aos intereses municipais, tal e como avanzou hoxe luns o rexedor, quen cifrou en 50 as decisións xudiciais que ata o de agora se recibiron avalando as directrices do PXOM.
O goberno local aproba un ámbito urbanístico en Castrelos con 799 vivendas, 255 protexidas
venres, 8 feb 2013O alcalde deu conta dos asuntos abordados pola Xerencia de Urbanismo deste venres, entre os que se atopa a aprobación definitiva do plan parcial de Falcoa, en Castrelos, de 127.000 metros cadrados. Caballero salientou a "parte importante de zona verde" reservada no ámbito, superior aos 17.000 m2.
Urbanismo tramita plans para construir máis de 20.000 vivendas en 46 ámbitos da cidade
venres, 1 feb 2013As actuacións desenvolvidas desde a Xerencia de Urbanismo desde que se aprobou o PXOM ata finais de 2011 permitirían a eventual construcción de máis de 20.000 vivendas, segundo un informe no que se detalla que se teñen iniciado plans en 46 ámbitos da cidade.
Caballero entrega as chaves aos adxudicatarios das 28 vivendas municipais de Navia
xoves, 31 xan 2013As 28 familias adxudicatarias dos alugueres sociais das vivendas municipais de Navia recibiron hoxe xoves as chaves do seu novo piso de mans de Abel Caballero, nun dos actos "máis emotivos desde que son alcalde", recoñeceu o rexedor.
O Concello aprobou a asignación definitiva das 28 vivendas en rexime de aluguer de Navia
venres, 25 xan 2013A Xerencia de Urbanimos deu luz hoxe venres a asignación definitiva das 28 vivendas que o Concello ofrece en réxime de aluguer social no barrio de Navia, logo de que os adxudicatarios elexiran piso por riguroso orde de sorteo.