Urbanismo
O Concello inicia o proceso para derrubar o edificio do Castelo e descubrir a muralla do Castro
mércores, 23 xan 2013Segundo informou Caballero, o goberno local está inmerso no proceso técnico para derrubar o edificio do Castelo e, unha vez aprobado o orzamento municipal, licitar e contratar os traballos para "descubrir de novo a muralla" do Castelo do Castro. O alcalde estima que en seis meses podería estar rematado o derrubo.
O alcalde presenciou o inicio da desmontaxe do edificio Bandeira para converterse nun centro comercial
mércores, 23 xan 2013Os traballos de desmontaxe do edificio Bandeira comezaron hoxe mércores, para gañar tempo mentres se tramita a licenza de nova edificiación do futuro centro comercial. Tal e como explicou o rexedor, reconstruirase o edificio cunha pequena variación no espacio para ampliar a rúa Vizcaia e humanizaránse, ademais desta rúa, a Extremadura e Aragón.
O goberno local inicia o trámite de expropiación para a nova subestación eléctrica de Balaídos
venres, 18 xan 2013Segundo informou Caballero, Urbanismo deu hoxe venres luz verde ao inicio do trámite expropiatorio para a futura estación eléctrica soterrada, máis de 11.000 m2 de terreos valorados en 3,4 millóns que costeará a empresa, encargada tamén de urbanizar o entorno.
Vigo contará cunha nova zona verde entre a Praza do Rei e a Panificadora
luns, 14 xan 2013Os vigueses poderán disfrutar nuns días dunha nova zona verde situada entre a Praza do Rei e a Panificadora. Tal e como explicou Abel Caballero, as máquinas xa están a traballar no alisado do espazo.
O alcalde visita as obras de Abeleira Menéndez, "unha nova rúa no corazón da cidade"
venres, 21 dec 2012Abel Caballero amosou esta mañá a súa satisfacción pola evolución das obras da rúa Abeleira Menéndez, cun orzamento superior aos 300.000 euros. Estes traballos, que permitirán unir esta rúa con San Sebastián, son unha mostra máis, dixo, do proceso de recuperación "acelerado" que se está a levar a cabo no Casco Vello.
O Concello abre un novo vial de acceso ao polígono da Gandariña, cun millón de euros de investimento
mércores, 19 dec 2012O alcalde, Abel Caballero, e a primeira tenente de alcalde e edil de Urbanismo, Carmela Silva, acudiron este mércores á apertura do novo carril desde a A-55 que da acceso ao polígono comercial da Gandariña. Caballero explicou que foi preciso un acordo de cesión dos terreos cos propietarios.