O alcalde visita as obras de Abeleira Menéndez, "unha nova rúa no corazón da cidade"
Abel Caballero amosou esta mañá a súa satisfacción pola evolución das obras da rúa Abeleira Menéndez, cun orzamento superior aos 300.000 euros. Estes traballos, que permitirán unir esta rúa con San Sebastián, son unha mostra máis, dixo, do proceso de recuperación "acelerado" que se está a levar a cabo no Casco Vello.
Abel Caballero, acompañado pola primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva e o concelleiro de Fomento, David Regades, achegouse hoxe venres ás obras de Abeleira Menéndez, unha nova escaleira que unirá as rúas de Abeleira Menéndez con San Sebastián, "unha nova rúa no corazón da cidade", en verbas do rexedor. Durante a visita cifrou en máis de 300.000 euros o importe da obra, un valor "significativo" que ven demostrar o proceso de recuperación "acelerado" que está a acometer o Goberno municipal no Casco Vello "moi degradado cando nós chegamos ao Concello". Explicou que o granito usado é similar ao da zona para respectar o entorno, haberá zonas verdes, abstecemento, iluminación papeleiras, "unha humanización no termo máis noble". Durante a súa intervención, felicitou á Carmela Silva e aos técnicos municipais e destacou a presenza de 21 traballadores na obra o que, na súa opinión, demostra a importancia dos inversións keynesianas.
Descargar todas as imaxes