Escoitar

Campamento de nadal en Vigozoo

Para estes días de nadal o club de amigos e amigas de Vigozoo propon unha serie de actividades educativas e lúdicas nas instalacións do parque como alternativa de lecer educativo en contacto coa natureza para estes días de tempo libre.

xoves, 20 dec 2012
1355918571nadalvigozoo.jpg
O club de amigos e amigas de Vigozoo organiza dúas quendas de campamento de día para o nadal. A primeira quenda sería os días 26, 27 e 28 de decembro; e o segundo os días 2, 3 e 4 de xaneiro. En horario de 10:00 a 14:00 horas, con posibilidade de atención matinal desde as 8:00 e de recollida até as 15:00.

Existe a posibilidade de comida no parque opcional: na cafetaría de prato (primeiro, segundo, sobremesa e bebida) 6,50 euros, na cafetaría de bocadillo ou hamburguesa con bebida 3,20 euros. Tamén existe a posibilidade de traer a comida de casa.

Xa podedes facer a inscrición vía telefónica no 986 26 77 83, de martes a venres de 11:00 a 19:30.

Esta actividade está destinada a mozos e mozas de entre 6 e 12 anos.

O custo é de 9 euros por quenda (tres días).

O pago será en efectivo no propio despacho de billetes do parque o día da actividade xunto coa firma da ficha de inscrición.

Haberá 50 prazas por quenda.
Descargar todas as imaxes