xoves, 5 mar 2015
Trece artistas da cidade comezarán o próximo día 19 de marzo a pintar sobre outros tantos espazos públicos da cidade. Dando inicio así, explicou o rexedor, ao Primeiro programa de tratamento de medianeiras e outros espazos urbanos deteriorados e outras actuacións sobre os espazos públicos. "Vigo, unha cidade de cor", contará con actividades paralelas en centros escolares e na rúa con espectáculos de danza, mapping ou obradoiros para nenos.
venres, 27 feb 2015
O alcalde denunciou que Vigo xa destinou 5 millóns para a nova sede xudicial e a Xunta de Galicia, encargada de construila, non ten orzamento ao efecto. Caballero informou que na Xerencia de Urbanismo deste venres deuse conta da resolución pola que o Concello inicia o procedemento para o recoñecemento e determinación da forma de materialización dos dereitos de realoxo dos afectados pola expropiación dos terreos.
venres, 20 feb 2015
Segundo informou Caballero, a Xerencia de Urbanismo deste venres aprobou o proxecto de expropiación dos terreos para a futura Cidade da Xustiza de Vigo, con case 2,5 millóns de investimento, e iniciou igualmente a tramitación para contratar a redacción da ampliación do polígono industrial de Balaídos, "determinante para o futuro" da factoría de PSA en Vigo.
venres, 13 feb 2015
A Xerencia de Urbanismo deste venres, tal e como informou o alcalde, acordou a adxudicación dunha nova vivenda municipal de República Argentina 12-14. O goberno local conta agora con case 2,6 millóns para expropiar os terreos da futura Cidade da Xustiza, mentres que a Xunta de Galicia carece de partida orzamentaria para a súa construción, segundo denunciou Caballero.
xoves, 29 xan 2015
O alcalde de Vigo visitou este xoves os traballos de rehabilitación do emblemático inmoble, que abrirá as súas portas en tres meses. Caballero recordou que a mellora presenta un investimento superior aos catro millóns de euros e conlevará tamén a humanización das rúas Vizcaia e Extremadura.
venres, 23 xan 2015
A Xerencia de Urbanismo, e posteriormente a Xunta de Goberno Local celebradas este venres, aprobaron definitivamente o Plan Especial do Monte da Mina, que define máis de 116.000 metros cadrados con zonas verdes, vivenda, equipamentos públicos e a protección de elementos catalogados, tal e como explicou Abel Caballero ante os medios.